viernes, 27 de abril de 2007

Morre Rostropovich

Morre o violonchelista ruso Mstislav Rostropovich ós 80 anos de idade.
Considerado un dos millores violonchelistas do mundo, era tamén pianista e director de orquestra, e distingueuse tamén pola súa oposición a represión comunista soviética.
Non me quero enredar moito en contar cousas del, pois tendes ocasión de ler de todo en un montón de sitios, pero está claro que nos deixa un dos grandes xenios do século XX.

Afortunadamente, nos deixa un impresionante legado nos seus discos, imprescindibles na discoteca non só dos chelistas, senón de calquer músico ou aficionado.

No hay comentarios: