A gozar un pouco con un vídeo que xa é un clásico.
miércoles, 16 de mayo de 2007
Datas para próximos concertos
Xa temos preto os próximos concertos de alumnos. O próximo mércores 23 terá lugar o concerto de alumnos de piano e ó día seguinte, farán o mesmo os alumnos de clarinete.
Inda non teño os programas, polo que non vos podo adiantar o que escoitaremos, pero seguro que vale a pena.
Espero poder oñer o antes posible información déstes e outros concertos.
Un saúdo.

domingo, 6 de mayo de 2007
Achégase Cameralia
Está a piques de celebrarse un dos eventos musicais máis importante dos últimos anos en Galicia. Trátase do "Festival Internacional de Música de Cámara de Galicia 2007" ou Cameralia.
Como nos explican na súa web, dito festival consistirá nunha semana (do 22 ó 29 de xullo) onde poderemos gozar de concertos, masterclasses, conferencias, etc.. todas relacionadas coa música de cámara, e impartidas por músicos de primeiro nivel.
Entre o elenco de profesores temos ó "Cuarteto Casals", composto por Vera Martínez (violín), Abel Tomás (violín), Jonathan Brown (viola) e Arnau Tomás (cello), e outros coma Christian Wetzel (óboe), Stephanie Winker (frauta), José Luís Estellés (clarinete) ou mesmo David Fernández, trompista espectacular de Coruxo.
Pouco a pouco iremos contando máis cousas do Cameralia nesta web, pero mentres, ídelle dando un vistazo a súa web, onde vos explican todo un pouco mellor.
Saúdos.

viernes, 27 de abril de 2007
Morre Rostropovich
Morre o violonchelista ruso Mstislav Rostropovich ós 80 anos de idade.
Considerado un dos millores violonchelistas do mundo, era tamén pianista e director de orquestra, e distingueuse tamén pola súa oposición a represión comunista soviética.
Non me quero enredar moito en contar cousas del, pois tendes ocasión de ler de todo en un montón de sitios, pero está claro que nos deixa un dos grandes xenios do século XX.
Afortunadamente, nos deixa un impresionante legado nos seus discos, imprescindibles na discoteca non só dos chelistas, senón de calquer músico ou aficionado.

miércoles, 25 de abril de 2007
Peche de temporada da OSG
Está a piques de rematar unha nova tempada da Orquesta Sinfónica de Galicia, e coma sempre, faino con un concerto "especial". Neste caso o cerre ven dado coa conocida "Carmina Burana", que non é unha famosa cantante galega, senon unha obra de Carl Orff (inventor deses "instrumentos" dos que disfrutamos en todos os centros educativos deste país). Pouco hai que decir desta peza, pero para os despistados, resumir que o título de "Carmina Burana" fai referencia a uns antigos cantos goliárdicos, dos cales Carl Orff sacou o texto que lle sirveu de base para a súa composición.
Da peza de Orff, a parte máis coñecida será o O fortuna, movemento co que abre e cerra a obra, que podemos escoitar en montóns de anuncios e películas, (actualmente é a sintonía do programa documental Documentos TV, emitido na 2).
Pois eso, que si queredes ver á sinfónica interpretando o "Carmina Burana" de C. Orff tendes unha cita o 6 de maio no Pazo da Ópera (antes coñecido como Pazo de Congresos) da Coruña. Eso si, por propia experiencia, ide mirando de conseguir as entradas, que os cerres da OSG adoitan a estar concurridos.

Empeza
Este será a partir de agora o blog "cuasi oficial" do Conservatorio de Lalín.
Nel poderedes atopar información sobre as datas dos exames, información sobre concertos ou actividades no centro (ou fora del), críticas de discos, libros, películas, e un montón de cousas máis.
Espero que a cousa vaia adiante, pero para iso é necesario que participedes cos vosos comentarios e suxerencias.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)