miércoles, 16 de mayo de 2007

Un xa clásico

A gozar un pouco con un vídeo que xa é un clásico.

Datas para próximos concertos

Xa temos preto os próximos concertos de alumnos. O próximo mércores 23 terá lugar o concerto de alumnos de piano e ó día seguinte, farán o mesmo os alumnos de clarinete.
Inda non teño os programas, polo que non vos podo adiantar o que escoitaremos, pero seguro que vale a pena.
Espero poder oñer o antes posible información déstes e outros concertos.

Un saúdo.

domingo, 6 de mayo de 2007

Achégase Cameralia

Está a piques de celebrarse un dos eventos musicais máis importante dos últimos anos en Galicia. Trátase do "Festival Internacional de Música de Cámara de Galicia 2007" ou Cameralia.
Como nos explican na súa web, dito festival consistirá nunha semana (do 22 ó 29 de xullo) onde poderemos gozar de concertos, masterclasses, conferencias, etc.. todas relacionadas coa música de cámara, e impartidas por músicos de primeiro nivel.
Entre o elenco de profesores temos ó "Cuarteto Casals", composto por Vera Martínez (violín), Abel Tomás (violín), Jonathan Brown (viola) e Arnau Tomás (cello), e outros coma Christian Wetzel (óboe), Stephanie Winker (frauta), José Luís Estellés (clarinete) ou mesmo David Fernández, trompista espectacular de Coruxo.
Pouco a pouco iremos contando máis cousas do Cameralia nesta web, pero mentres, ídelle dando un vistazo a súa web, onde vos explican todo un pouco mellor.

Saúdos.