Está a piques de celebrarse un dos eventos musicais máis importante dos últimos anos en Galicia. Trátase do "Festival Internacional de Música de Cámara de Galicia 2007" ou Cameralia.
Como nos explican na súa web, dito festival consistirá nunha semana (do 22 ó 29 de xullo) onde poderemos gozar de concertos, masterclasses, conferencias, etc.. todas relacionadas coa música de cámara, e impartidas por músicos de primeiro nivel.
Entre o elenco de profesores temos ó "Cuarteto Casals", composto por Vera Martínez (violín), Abel Tomás (violín), Jonathan Brown (viola) e Arnau Tomás (cello), e outros coma Christian Wetzel (óboe), Stephanie Winker (frauta), José Luís Estellés (clarinete) ou mesmo David Fernández, trompista espectacular de Coruxo.
Pouco a pouco iremos contando máis cousas do Cameralia nesta web, pero mentres, ídelle dando un vistazo a súa web, onde vos explican todo un pouco mellor.
Saúdos.
domingo, 6 de mayo de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario