miércoles, 25 de abril de 2007

Peche de temporada da OSG

Está a piques de rematar unha nova tempada da Orquesta Sinfónica de Galicia, e coma sempre, faino con un concerto "especial". Neste caso o cerre ven dado coa conocida "Carmina Burana", que non é unha famosa cantante galega, senon unha obra de Carl Orff (inventor deses "instrumentos" dos que disfrutamos en todos os centros educativos deste país). Pouco hai que decir desta peza, pero para os despistados, resumir que o título de "Carmina Burana" fai referencia a uns antigos cantos goliárdicos, dos cales Carl Orff sacou o texto que lle sirveu de base para a súa composición.
Da peza de Orff, a parte máis coñecida será o O fortuna, movemento co que abre e cerra a obra, que podemos escoitar en montóns de anuncios e películas, (actualmente é a sintonía do programa documental Documentos TV, emitido na 2).

Pois eso, que si queredes ver á sinfónica interpretando o "Carmina Burana" de C. Orff tendes unha cita o 6 de maio no Pazo da Ópera (antes coñecido como Pazo de Congresos) da Coruña. Eso si, por propia experiencia, ide mirando de conseguir as entradas, que os cerres da OSG adoitan a estar concurridos.

Un saúdo.

No hay comentarios: